Venres, 22 de febreiro do 2008
Cos anos funme facendo cunha autoexplicación da vida, se cadra non orixinal pero suficientemente operativa para min mesmo. Somos desexo. E iso expresámolo alternativa e contradictoriamente con mesturas diversas de coraxe e de melancolía.
Os usuarios e usuarias do idioma galego adoitamos localizar máis na melancolía do que na coraxe a nosa conciencia lingüística, e dou en crer que é porque inconscientemente enraiza en nós unha certa sorte de ecoloxismo e tolerancia lingüísticos que quere conxurar séculos de discriminación.
Vintecinco anos despois da aprobación da Lei de Normalización Lingüística aínda hoxe grande parte do seu mandato comeza a ser aplicado, quedando outra parte importante por se verificar na realidade. Sen embargo, nos últimos meses hai un dato novo entre nós: veñen de aparecer dous colectivos que protestan contra o que eles consideran discriminación do español ou castelán e impugnando a implantación social da devandita lei e das respectivas ordes derivadas que regulan o seu cumprimento.
Por minoritarios que sexan estes grupos non deixan de ter a exclusiva da crispación lingüística en Galicia, que invariablemente invoca unha superstición porque non se coñece individuo ningún na nosa historia que tivese problemas para desenvolver a súa vida en castelán. Si coñecemos moitos exemplos do contrario, pero son casos que quedan enredados nesa melancolía que gastamos os galegofalantes.
Outra perversión que se instaura no discurso dos rancorosos lingüísticos é a presunta obrigatoriedade de falar galego. Ningunha lei obriga a falar os dous idiomas (mal o terían os xordomudos) senón a coñecelos.
Posiblemente estes movementos aparezan, desparezan e reaparezan en contextos electorais de crispación política pero, en todo caso, cumpriría que os que respiramos o mundo en galego nos dotasemos de máis dose de coraxe preventiva, aínda que perdamos un aquel de melancolía.