Se ha producido un error en este gadget.

sábado, marzo 22, 2008

Orquídea


- Orquídea es

a. una palabra aguda
b. una palabra llana
c. una palabra esdrújula
d. una flor


Arcos de iris sen cor
no teu ollar
cautivo.

Grotesca primavera esdrúxula.
¿Que foi dos teus soños de amorodos silvestres?

O deambular da rutina
ateigou de infortunio o sangue
que xa non penetra a túa alma.

A lucidez das sombras aquelas
que prometeras renegar
enchen agora de ausencia
os teus brazos inertes.

A inercia do olvido.
A desesperanza.

¿Volverán algún día a florecer
aqueles pétalos lascivos,
aqueles tempos prohibidos
de bicos en flor?


Ulises C.