"Onte rematei de ler esta marabilla, que grande é!
De que trata?
Ébora, como Macondo, Comala ou Yoknapatawpha, é un microcosmos, un lugar inexistente que se sae do normal, no que todo pode pasar. Da Fonte do Encantamento, coas súas correntes telúricas, xorden o Tintoreto, un pintor de cadaleitos, don Blas, un cura que tolea porque non comprende o misterio da Santa Trinidade, os irmáns Montoya, que teñen 300 anos... É ademais a aldea do protagonista, Libardino Romero, que naceu cun "exceso de alma". Como os outros rapaces, tivo que marchar á cidade na procura de traballo, casou cunha muller tirana, e un día, cansado da súa vida, decide marchar en busca de aventuras e do seu amor, Margarita Vega, cantante famosa á que só viu en fotos. Como un Odiseo que volve a casa, Libar irá atopando polo camiño personaxes como Susanito Cabral, o maneto bailador de tangos namorado de Laura, unha prostituta arxentina, ou Mefisto, fillo de Mefistófeles, quen ten que imaxinar o mundo para que non deixe de existir.
E que é o que o fai tan interesante?
Ese realismo máxico que impregna as páxinas, ese explicar feitos incribles como se fosen o máis normal do mundo (e que, en Ébora, o son). Ese xogo coa linguaxe, experimentación constante por parte de todos os personaxes, pero tamén xogo literario, pois as alusións e o chiscar o ollo ás grandes obras da literatura provocan un efecto especular: o mundo real reflíctese deformado en Ébora. Isto, ademais, permite criticar a nosa sociedade de xeito paródico. Hai momentos cómicos, tristes, doces, serenos, máxicos. Todo está en Ébora.
Pero quen mellor que a propia novela para reflectir todos os mundos que contén:
Notas: viaxe, tránsito, regreso, busca constante da felicidade, un carniceiro, unha muller cruel, un oficinista en fuga, a soidade, o medo, o destino, un pintor de ataúdes, un maneto bailador de tangos, o amor, un cantante de boleros, a morte, a esperanza, o alcalde, o seu fillo, a amizade, andazo de palabras estrañas, a mestra, a rebeldía, a imaxinación, a médica que cura conversando... (Páxs. 535-536 da edición da Voz de Galicia, Biblioteca Galega 120).
Esta novela é como unha porta a outra vida, un billete para o paraíso.
Aínda non me convenciches, ponme un anaquiño!
E aí quedaría o diálogo de ambos se non fose porque a muller, remelicando os seus olliños azuis, dixera Non coa cabeza, Non co dedo indicador da man dereita, o mesmo co que escribiu, sobre a terra: Eu conquistarei o mar para ti, Tintoreto (P. 143). "
Referencias:
Existen outras referencias ó autor neste blog, como a adicada ó relato "Tombstone Blues"