Se ha producido un error en este gadget.

domingo, diciembre 13, 2009

Sinto

Vexo aquel beixo durmido
como rocha que era lava
caendo leve pola aba
daquel xeo derretido.

Sinto o sentir derruído
sen a luz que aloumiñaba
sen a man que me cantaba
agarimos ao ouvido.
Ulises C.