Se ha producido un error en este gadget.

domingo, julio 06, 2008

Domingo

Hai dedos naufragados
que empurran letras de teclados mortos
en domingos de resaca
e caricias frustradas,
como este sol desolador,
vespertino, crepuscular,
malogrado, fracasado,
que resiste non obstante,
que insiste cada mañá
na inútil ladaíña da esperanza
da túa pel xunto á miña.

Ulises C.