sábado, julio 26, 2008

Desdén

Vexo pasar camións
dende a fiestra dunha alma caduca,
con cargas imperecedoiras
de flores murchas,
de risas mortas,
sobre paixóns asfaltadas
pola rutina
do desdén.


Ulises C.